Porto do Son presenta o seu IV Plan de Igualdade

PORTO DO SON> Coincidindo coa celebración do 25 N, o concello de Porto do Son presentou o seu cuarto plan de igualdade. O documento que se someterá á aprobación do pleno este xoves contempla unha serie de accións e medidas que estarán vixentes ata 2028.

O concello de Porto do Son é pioneiro na implantación de plans de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres. Hoxe coincidindo coa celebración do Día Internacional para a eliminación da violencia de xénero, presentaron o cuarto plan cunha vixencia de catro anos.

O obxectivo deste documento é promover unha serie de medidas e accións dende o ámbito municipal para garantir a igualdade de xénero en tódolos eidos.

Ademais do Plan de Igualdade, o concello está a desenvolver ó longo de todo o mes un amplo programa de actividades formativas e de sensibilización para conmemorar o 25 N.

O concello traballa ademais durante todo o ano na prevención e detección da violencia de xénero a través da  mesa interinstitucional de coordinación local.