Pontevedra acollerá a Supercopa galega de waterpolo

Pontevedra> Este sábado 1 de outubro a piscina do Centro Galego de Tecnificación Deportiva acollerá a sexta edición da Supercopa Galega de Waterpolo. Unha cita que desputarán o campión da Liga galega e da copa, que neste ano, ao igual que anteriores edicións, será A Coruña e o Pontevedra.

 

 Todo listo para celebrar a sexta edición da Supercopa galega de waterpolo que se celebrará este sábado 1 de outubro na piscina do Centro Galego de Tecnificación Deportiva.

A final masculina desputarase ás cinco da tarde e a feminina ás 18:30. Dende o concello animan a todo o mundo a que participe neste evento.

Unha invitación á que tamén se unen dende a deputación dende onde quixeron destacar a cantidade de eventos deportivos que acolle cada semana a cidade do Lérez.

Así que xa o saben este sábado poderán desfrutar de xeito gratuíto de duas finais con esta supecopa galega de waterpolo.

 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/28/supercopa_galega_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/28/supercopa_galega.mp4{/flowplayer}