O PSdeG presentará unha moción en tódolos concellos para reforzar a loita contra a contaminación mariña

BOIRO> O PSdeG presentará unha moción en tódolos concellos da provincia da Coruña demandando máis medios e recursos para reducir o impacto do vertido de pélets. Os socialistas incluirán tamén no seu programa electoral un plan de limpeza de praias anual de competencia autonómica para retirar os numerosos residuos que chegan cada día ás costas galegas.

Responsables do PSOE provincial mantiveron esta mañá un encontro na lonxa de Cabo de Cruz en Boiro para abordar a situación do mar trala crise do vertido dos pélets. Os socialistas, moi críticos coa xestión da Xunta, presentarán unha moción tipo en tódolos concellos esixindo máis medios e recursos para loitar contra a contaminación.

Pero os socialistas van máis aló, conscientes de que o vertido de pélets é só unha gota máis nas inxentes cantidades de  plásticos que chegan ás nosas costas. Por esta razón, un dos seus compromisos electorais no caso de chegar a gobernar a Xunta, eé asumir as competencias en materia de limpeza das praias durante todo o ano.

Esta medida iría acompañada de campañas de concienciación para reducir o usos dos plásticos e de promoción dos productos do mar. Tamén se comprometeron dende a dirección provincial a abordar en profundidade os problemas de produtividade que afrontan ás rías e un plan de saneamento integral.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí