O proxecto do albergue da Chaínza recibe unha ampliación da subvención para executar as obras

NOIA> Nas próximas semanas, o concello de Noia iniciará as obras do albergue da Chaínza. Finalmente,  a actuación contará cunha subvención maior da prevista pasando de 150 mil e 200 mil euros.

Boa nova para o concello de Noia que vén de recibir a notificación do incremento da subvención para acometer as obras do albergue da Chaínza. O importe subvencionado pasa de 150 mil a 200 mil euros para habilitar un aloxamento para peregrinos que realizan o Camiño de Santiago.

Esta é tan só unha das actuación previstas na antiga curtiduría na que tamén está previsto acometer un centro de interpretación e un centro de día. O importe total do proxecto rolda o medio millón de euros, que permitirán dar unha nova vida a este conxunto patrimonial de gran valor histórico.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí