Enrique León renuncia á alcaldía ante a falla de apoio do PSOE

    VILAGARCÍA > A renuncia do alcalde esperábase o sábado pero León ambiou de opinión e atrasou a decisión ata esta mesma mañá.

    A decisión de Enrique León de retrasa-la sua renuncia sorprendeu a tódolos seus compañeiros do grupo socialista que lle esixiron de inmediato o cese. O alcalde defendíase das acusacións do PP sostendo que a súa elección foi legal. Coa normativa que rixe a actividade da Policía Nacional, León botou polo chan a acusación de ser un candidato inelexible. Esta normativa reflicte que a segunda actividade sen destino é equiparable a unha situación de excedencia dun funcionario público polo que a súa elección como alcalde é completamente legal.

    A súa renuncia obriga a facer unha nova reorganización do grupo de goberno: a terceira en tres semanas de mandato. Trala demisión de Carlos Guerrero e a firma do pacto cos nacionalistas polo que houbo que repartir de novo responsabilidades, o goberno de Vilagarcía afrontará unha nova reestructuración coa renuncia deste mediodía de Enrique León. Na súa comparecencia deixou claro que a súa marcha é por motivos políticos e non xurídicos.

    No seu discurso o case ex-alcalde arremeteu contra o Partido Popular pola falsidade das súas acusacións e contra o Partido Socialista pola súa falta de apoio. Tamén lles recordou ós membros do seu partido que era el quen tiña a última palabra á hora de dimitir.

    Fala o PSOE

    Precisamente trala comparecencia de Enrique León o PSOE convocou unha rolda de prensa na que estaba a nova alcaldesa de Vilagarcía, Dolores García Giménez. modestoposedoloresgarcialinomourino_200_090707__still_002.jpgA segunda de abordo do partido socialista e a primeira muller que terá nas súas mans o goberno do concello. O Partido Socialista falou da situación na que se atopa o Concello e destacaron que a demisión de Enrique León foi a mellor opción para o partido. Non dubidan que a acusación do PP é falsa, pero consideran que os cidadáns non poden ter ningunha dúbida sobre o seu alcalde. Por este motivo e pola imposibilidade de demostrar xuridicamente a súa inocencia nun período corto de tempo apostaron pola demisión.

    Pola súa banda a futura alcaldesa asegura sentirse totalmente apoiada polo partido e anuncia que tomará o testigo o antes posible. O seu mandato manterá esa transparencia que Enrique León pregoou. O equipo de goberno de Vilagarcía volverase recompoñer de novo e esta vez de mans da primeira alcaldesa na historia do concello. Mañá celebrarase o pleno no que Enrique León presentará a súa renuncia. Mentres tanto será o nacionalista Xosé Castro Ratón o alcalde en funcións ate que se nomee como alcaldesa a Dolores García.

    Redacción Salnés