Arranca o cuarta edición do Circuíto Provincial de Carreiras Populares

BARBANZA> Na iniciativa tomarán parte uns trinta concellos da provincia, cunha ampla representación de municipios da comarca do Barbanza. Este próximo domingo botará a andar en Culleredo a cuarta edición do Circuíto Provincial de Carreiras Populares promovido pola área de Deportes da Deputación da Coruña. Este ano o número de concellos particiantes verase tamén ampliado, pasando de 25 a 30. Entre as localidades participantes haberá unha ampla representación de concellos da zona, incluíndose as probas da Pobra do Caramiñal o 28 de agosto, Ribeira o 25 de setembro, Rianxo o 1 de novembro, Boiro o 4 de decembro e Porto do Son o día 18 de decembro. O Circuíto contempla distintas categorías, dende os máis pequenos, ata as categorías absolutas. O prazo para se inscribir nas diversas carreiras estará aberto ata o mes de setembro a través da páxina web da FGA: www.carreirasgalegas.org, a non ser que a organización respectiva decida habilitar outro sistema de anotación. As carreiras do Circuíto estarán incluídas no Calendario de Probas da Federación Galega de Atletismo, entidade que se encargará de controlar tecnicamente as probas, a través das súas Delegacións na Coruña, Santiago e Ferrol, así como polo Departamento de Estadística da propia Federación.