Centos de viticultores esixen o aumento do rendemento

    uuaa_concentracion copia100.jpgPONTEVEDRA> Con gritos de “As parras cheas e as adegas baleiras” ou “Copos si, multas non” os viticultores tomaron hoxe a praza de Mugartegui.

    {flowplayer}images/salnes/CONCENTRACION_VITICULTORES.flv{/flowplayer}

    Con gritos de “As parras cheas e as adegas baleiras” ou “Copos si, multas non” varios centenares de viticultores tomaron hoxe unha vez máis a praza de Mugartegui. Deste xeito UUAA retoma as mobilizacións como xa anunciara a semana pasada, insistindo ó Consello Regulador na súa petición de que aumente os copos á produción.

    Uvas fóra de copo e baixada de prezos están a marcar a situación dos viticultores durante esta vendima. Dous problemas que preocupan no sector, e que fan que os viticultores saian á rúa para esixir que as súas uvas entren nas adegas.

    Esta mañá, Unións Agrarias volveu presentar a súa solicitude no Consello Regulador para a convocatoria dun Pleno Extraordinario. Dende o sindicato, dáse esta semana para tomar medidas que solucionen estes problemas, senon anuncian unha intensificación das protestas.

    Durante a concentración de hoxe, a plataforma sindical apelou ós demais sindicatos que forman parte do pleno do Consello Regulador, agardando contar co seu apoio de producirse unha nova votación para a ampliación do rendemento, a gran loita desta campaña.

    Redacción Salnés