VILAGARCIA> Vilagarcía cubrirase de negro en contra da violencia machista. A concellería de igualdade presentou a campaña do 25N mediante a cal, autobuses, edificios, bares e comercios mostrarán carteis en loita contra esta lacra. O lema deste ano é hai agresións que non se ven, por toda esa violencia machista que non só é física.
Vilagarcía vístese de negro para loitar contra a violencia machista. A concellería de igualdade e o Cim da vila presentaron as iniciativas que van levar a cabo por mor da campaña do 25N, día internacional contra a violencia de xénero. Unhas actividades nas que colaborarán a veciñanza, os centros educativos e os establecementos da vila.
Tanto os autobuses da vila como os bares e comercios pegarán carteis en contra da violencia machista. O obxectivo é visibilizar a loita contra esta lacra.
O lema deste ano é ‘na violencia machista, hai agresións que non se ven’. Para amosar todas as situacións de agresións machistas que non son só físicas.
Como novidade este ano, o concello encintará algún dos edificios principais da vila.
A campaña tamén se estenderá con charlas e actividades nos centros escolares. Ademais de promocións en redes sociais con vídeos e imaxes. O día 25 finalizarase coa lectura do manifesto na propia praza do concello.