O comedor do colexio Julio Camba de Vilanova, a partir do 1 de outubro

VILANOVA> A partir do 1 de outubro, os alumnos do colexio Julio Camba de Vilanova, disporán de servizo de comedor. Vaise instalar no espazo que viña ocupando ata o de agora o Bar dos Xubilados nunha das salas do Multiusos. Os pensionistas acábanse de trasladar ó seu local habitual, trala remodelación que se executou nos últimos meses.

A falta de espazo no propio colexio para a creación dun comedor escolar atopou no edificio Multiusos unha solución. Este espazo, que ata o de agora era empregado polos xubilados, pasará a ser agora o lugar no que xanten os pequenos. Está situado no edificio Multiusos, ó carón do centro educativo.

Estímase que 50 alumnos sexan usuarios deste novo servizo. A ANPA do colexio xa contratou un cátering para presta-lo servizo. O espazo, por certo, acaba de quedar baleiro. Os xubilados volven ó seu espazo habitual despois da reforma acometida nos últimos meses. Nas súas primeiras horas de vida, os usuarios amósanse encantados coas renovadas instalacións.

O servizo de cafetería deste espazo, por certo, sairá a licitación en breve. Calcúlase que antes de que remate o mes, as persoas interesadas poderían presenta-la súa proposta para asumi-lo servizo de cafetería.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí