RIBEIRA> Preto de cen mariscadores de Ribeira e Aguiño volven ao mar logo de que a toxina abandonase, esta semana, a ría de Arousa.
{flowplayer}barbanza/aperturavedaribeiraaguino.flv{/flowplayer}
Satisfeitos e cheos de ledicia, así recibiron o luns as confradías de Ribeira e Aguiño a noticia da reapertura da ría de Arousa que, afectada pola toxina, levaba pechada ao marisqueo dende o pasado oito de setembro.
En total foron preto de trinta mariscadores os que entre o luns e onte saíron a extraer ameixa e navallas na confradía de Ribeira e que conseguiron acadar o cupo permitido pola adminitración na última especie.
Importantes perdas
Doce días que deixan 30.000 euros en perdas por semana e que unidos á escaseza de materia prima parece marcará o inicio da tempada. Unha falla de marisco que de seguro aumentará os prezos, algo nada desexable na situación económica actual.
Confraría Aguiño
A confradía de Aguiño tamén se viu afetada pola reapertura da ría e nela, o seu máximo representante, José Oujo, tampouco agochaba a súa satisfación por esta nova situación. Unha reapertura que frea a difícil situación que atravesaba o sector ante a duración do parón.
Redacción Barbanza