Porto do Son busca unha solución para mellorar o abastecemento de auga ós veciños de Xuño, Caamaño e San Pedro

PORTO DO SON> O alcalde , Luis Oujo, manda unha mensaxe de tranquilidade ós veciños de Xuño, Caamaño e San Pedro de Muro, en relación cos problemas de captación de auga no río Sieira, que hai uns días denunciaba o BNG.

Segundo o rexedor, o Concello está a traballar conxuntamente con Ribeira e Augas de Galicia, para buscar a mellor solución posible para tódalas partes, tratando de dar servizo a aquelas vivendas do municipio que teñan necesidade de auga, sempre coa premisa de respectar o caudal ecolóxico do río.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí