A POBRA> Este domingo arranca unha nova edición da campaña de Nadal Caramiñas na Pobra. Para participar tan só é preciso compartir en redes unha foto nalgún recundo do municipio decorado con motivos navideños. Os que o fagan entrarán no sorteo de 200 euros diarios e unha viaxe a Disney.
Tralo éxito da pasada edición, A Pobra volve poñer en marcha as caramiñas na campaña de Nadal que dará comezo o 1 de decembro.
Para participar tan só é preciso tomar unha foto en algún recuncho de Nadal do concello e compartilo en Instagram etiquetando a conta caramiñasnapobra.
Os titulares de contas privadas que non desexen facer públicas as súas fotos poden facer unha captura é enviala á conta caramiñasnapobra. Ademais do sorteo diario dun vale de 200 euros, haberá un premio estrela: a viaxe a Disney que cada ano patrocina Congalsa.