Barbanza Arousa e Fundación Ruta Xacobea impulsarán a ruta da ‘Traslatio’

RIANXO> A Mancomunidade Barbanza Arousa e a Fundación Ruta Xacobea Mar de Arousa e Ulla asinaban esta mañá un convenio de colaboración entre ambas entidades.

O presidente da Mancomunidade Barbanza Arousa, Adolfo Muiños, e o seu homólogo da Fundación Xacobea Mar de Arousa e Ulla, Javier Sánchez-Agustino, asinaban esta mañá o convenio de colaboración entre as dúas entidades. O acordo permitirá poñer en valor a ‘Traslatio’, a ruta marítima primixenia que recrea o traslado dos restos do Apóstolo Santiago dende Haifa a terras de Iria Flavia, o actual Padrón.

Pola súa banda o presidente da Mancomunidade sinalou que o que se persegue con este acordo é relanzar este destino turisticamente, co impulso da Ruta Xacobea Mar de Arousa e Ulla, considerada como a orixe da tradición xacobea.

A Mancomunidade incluirá no proxecto ós portos deportivos de Barbanza Arousa para que dispoñan da información da propia Ruta e das cartillas náuticas que os visitantes poderán selar en cada un deles e así poder obter o diploma acreditativo da ‘Traslatio’ no concello de Padrón.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí