![]()
VILAGARCÍA> O garantiu esta mañá na comparecencia ante os medios na que deu conta da súa decisión. O fixo acompañado polo alcalde, Tomás Fole.
{flowplayer}images/salnes/GARRIGOS_RENUNCIA_CONCELLEIRO.flv{/flowplayer}
Tras coñecerse esta fin de semana a intención do edil de Deportes de Vilagarcía, Luis Garrigós, de renunciar á súa acta de concelleiro, esta mañá compareceu xunto ó alcalde, Tomás Fole, para explicar os motivos que o levaron a tomar esta decisión. Cun semblante serio, o ata agora edil, asegurou que se trataba dunha decisión persoal que levaba meditando desde fai tempo.
Argumentos que apoiou o alcalde. Tomás Fole, que nalgún momento da comparecencia chegou a emocionarse, garantiu que non houbo ningún problema polo que non hai cabida á especulación. Vaise, dixo, o mellor edil de deportes que xamais tivo o concello de Vilagarcía.
Ademais, Fole agradeceulle a Garrigós todo o traballo feito ó longo do seu breve mandato. Pola súa banda, o aínda edil dixo que agora o seu sucesor deberá darlle continuidade ó proxecto que el mesmo comezou, dentro do cal se atopa Fexdega.
En canto á sucesión de Garrigós, Tomás Fole, informou que será Francisco González o que ocupe o seu posto aínda que, polo de agora, non concretou a área da que se vai encargar.
Redacción Salnés







