Vistas espectaculares sen subir ó cumio de Lobeira

    SALNÉS> De agora en diante, para divisar as impresionantes paisaxes que se ven desde o Monte Lobeira non vai ser preciso subir ata o cumio. A Mancomunidade do Salnés vén de habilitar un mirador a escasos 30 metros da base que farán este atractivo máis accesible, sobre todo a persoas con dificultades para moverse. Esta é unha das melloras que incluíu a actuación integral que se realizou no espazo. O monte Lobeira estrea nova faciana, cunha cruz renovada, bancos, paneis explicativos e un mirador, o da Raíña Dona Urraca. Esta mañá presidente e xerente da Mancomunidade do Salnés percorrían a zona que vén de ser rehabilitada e este espazo desde o que se permite gozar das impresionantes vistas que ofrece o monte sen necesidade de subir as cen escaleiras que conducen ó mirador do cumio. A maiores deste mirador, realizáronse melloras para acondicionar o espazo, coa colocación de barandas ata a cruz, paneis explicativos nos que se recrea o antigo castelo de Lobeira, colocáronse bancos e reparáronse as escaleiras. A finalidade de todas estas actuacións é converter a Lobeira nun atractivo turístico máis da comarca do Salnés. Unha finalidade que se completará unha vez se inicien os traballos de recuperación dos restos arqueolóxicos que a Deputación de Pontevedra iniciará a principios do próximo ano. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/22/motelobeira.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/22/ACONDICIONAMENTO_LOBEIRA.mp4{/flowplayer}