Falece Nené Barral

RIBADUMIA> Nené Barral faleceu esta tarde aos 79 anos de idade. O exalcalde de Ribadumia sufría dende hai tempo problemas de saúde. De feito, foi o que levara á xustiza a arquivar de forma provisional a causa aberta contra el, acusado de liderar unha organización de contrabando entre os anos 96 e 2001. Trátase da causa aberta pendente máis antiga de España

A decisión tomáraa a sección cuarta da Audiencia de Pontevedra a comezos do pasado mes de setembro. A avogada de Barral presentara naquel momento un informe médico forense sobre o estado de saúde do expopular, cunha patoloxía que xa padecía e que se agravara.

José Ramón Barral foi alcalde de Ribadumia durante 18 anos. A primeira vez, en 1983, encabezando a lista de Alianza Popular. Daquela fixérase cunha maioría absoluta que revalidou no 87, 91, 95 e 99.

No 2001 dimitiu logo de ser detido por contrabando de tabaco. Daquela fora substituído na alcaldía por Salomé Peña e expulsado do Partido Popular. Dous despois, no 2003, encabezou a lista de Independentes por Ribadumia. Unha formación que se fixo co bastón de mando, anos dexpois -no 2015- co actual alcalde popular como cabeza de lista.

O seu funeral será este venres ás 5 da tarde na igrexa de San Lourenzo de András de Ribadumia.