A Xunta Electoral Central ratifica a sanción ó alcalde de Ribeira, Manuel Ruíz

RIBEIRA> Aínda así decide rebaixar a contía da multa, pasando dos seiscentos ós trescentos euros de multa por vulnerar a lei electoral na inauguración da Feira do Ensino no novo mercado municipal. As alegacións presentadas polo alcalde de Ribeira Manuel Ruíz non foron atendidas pola Xunta Electoral Central, que ratifica a sanción imposta no seu día pola Xunta Electoral de Zona por vulneración da lei electoral durante a inauguración do Mercado Municipal. A denuncia partiu do grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego que entendía o uso desta nova instalación para o desenvolvemento da Feira do Ensino tiña uns fins electoralistas. Dende a formación frentista valorábase de xeito temperá esta nova. Aínda que destacaban que a sanción confirma a ilegalidade cometida, parécelles irrisorio a rebaixa da sanción ó rexedor local, pasando dos seiscentos ós trescentos euros. O BNG ribeirense non descarta a presentación dun novo recurso, unha cuestión que están a valorar actualmente os servizos xurídicos da formación.