Novos operadores interésanse por asentarse na macro área de Deiro

    promotor_Centro_comercialcopy.jpgVILANOVA> Así o confirmou esta mañá o responsable da promotora, Álvaro Cernuda, durante a súa visita ó concello para reunirse co alcalde.

    {flowplayer}images/salnes/PROMOTOR_CENTRO_COMERCIAL.flv{/flowplayer}

    Despois de que a semana pasada a comisión consultiva de Comercio informase favorablemente ó centro comercial de San Miguel de Deiro, en Vilanova, hoxe o responsable da promotora do proxecto desprazouse ata Santiago para ver de primeira man o resultado. Ó termo deste encontro, desprazou ata Vilanova para manter unha reunión de seguimento co alcalde.

    Foi o luns da semana pasada cando a Comisión deu luz verde á macro área. Desde esa data ábrese un período de audiencia de dez días que comezará a contar no momento no que a Consellería lles envíe o escrito á promotora. O responsable de Desarrollos Vilanova confía que sexa nun breve período de tempo, mentres proceden á inscrición do proxecto de compensación no rexistro da propiedade.

    Ante estes prazos, as obras de edificación poderían comezar no verán ó tempo que se completen, explicou Cernuda, os traballos de urbanización. O responsable da promotora confirmou de novo que Alcampo se vai instalar no centro comercial, ó igual que outras marcas. Adiantou, ademais, que xa están en negociacións con novos operadores.

    En canto ó contencioso presentado polo Consorcio do Comercio do Salnés, Álvaro Cernuda confesounos que a súa impresión é que non vai chegar a ningures.

     Redacción Salnés