A cola do encoro de Caldas en estado semi-sólido pola microcystis

    microcistis_caldas.jpgMORAÑA> Así o denunciou esta mañá a Coordinadora Anti-encoro de Caldas. Para eles a solución ó problema pasaría pola apertura do embalse.

    {flowplayer}images/salnes/COORDINADORA_ANTIENCORO_MICROCISTIS.flv{/flowplayer}

    Membros da Coordinadora anti-encoro de Caldas de Reis denunciaron esta mañá o estado no que se atopa a cola do encoro do Umia. Segundo indicaron desde o colectivo, o río está en estado semi-sólido debido á proliferación da microcystis.

    Esta zona do concello de Moraña, tamén coñecida como a baxe de Santa Cruz de Lamas, leva sufrindo a aparición desta toxina ó longo de todo o verán. Pero segundo nos confesou o presidente do colectivo nestes momentos atópase nos seus niveis máis altos. Unha mancha, dixo, que xa acadou o quilómetro e medio de lonxitude.

    Por iso, aseguraron, con estes resultados queda demostrado a ineficacia do tratamento con cortiza e dos sistemas de potabilización que se aplicaron ó inicio do verán para eliminala toxina.

    Para eles, a solución pasaría pola apertura do embalse para favorecela disolución da microcystis e o desmantelamento do mesmo.

     

    Redacción Salnés