![]()
CAMBADOS> O obxectivo é estreitar lazos entre produtores chilenos e galegos. Nesta visita participou o máximo responsable de pesca en Chile, Pablo Galilea.
{flowplayer}images/salnes/DelegacionChilenaTragove.flv{/flowplayer}
Unha delegación de empresarios chilenos da industria do mexillón está estes días nas Rías Baixas para coñecer o funcionamento do sector en Galicia. Esta mañá estiveron en Cambados, onde visitaron unha batea para ver en directo como se traballa na nosa ría. Estiveron acompañados nesta visita polo director xeral de competitividade e innovación tecnolóxica, Juan Maneiro.
O obxectivo fundamental é estreitar lazos de colaboración cos produtores galegos. A visita responde a unha invitación do goberno galego e hoxe, o encargado de acompañalos foi o director xeral de competitividade, Juan Maneiro, xunto co subdirector de gardacostas, Lino González.
A delegación chilena, estivo encabezada pola máxima autoridade pesqueira no país, Pablo Galilea. Asegurou Galilea que actualmente o sistema mundial continúa crecendo e que a competencia para os mexilloeiros non debe ser interna, é dicir que non deben competir entre eles, senón facerse fortes como sector para poder plantarlle cara a outros produtos e así aumentar o consumo do bibalvo.
Despois de visitar a batea, a comitiva dirixiuse ó Instituto Tecnolóxico do Medio Mariño, para ver o seu funcionamento.
Redacción Salnés








