Pechan varios parques de Vilagarcía para seren fumigados

    VILAGARCIA> Esta tarde, á hora da merenda, moitos nenos e os seus pais, nais ou avós víronse privados de entrar en varios parques de recreo infantís…

    {flowplayer}images/salnes/problemas_pulgas_vilagarcia.flv{/flowplayer}

    … do Concello de Vilagarcía. Á entrada había unha cinta prohibindo a entrada e advertindo que acababan de ser fumigados. Esta medida foi adoptada polo Goberno Local ó advertiren varios veciños da existencia dunha praga de pulgas a estas alturas do outono que xa picaran a moitos cativos. Segundo o Concello, a proliferación destes pequenos animais nesta época do ano débese ás altas temperaturas e os altos índices de humidade que favorecen que estes bechos medren e se reproduzan. Deste xeito recomendan volver a desparasitar os animais domésticos, especialmente os que acceden a estes lugares de ocio.

    A cidadanía dá por boa esta explicación pero pide que os cans non frecuenten ás áreas de ocio dos cativos, e que á hora de coidar a estes animais sexan máis responsables cas súas deposicións. Amais, non ben con bos ollos que o piso desta área de xogo siga sendo de area, e non como manda a normativa, de lousas amortiguadoras. Esta prohibición será levantada mañá, co que os pequenos e pequenas xa poderán volver a desfrutar dos seus xogos nestes parques.

    Redacción Salnés