O alcalde de Ribadumia acusa á familia de tentar facer política coa ‘desaparición’ da anciá con covid

RIBADUMIA> O caso da anciá da residencia de Ribadumia con covid “desaparecida” durante o seu traslado a Vigo desata a treboada política na localidade. O alcalde culpa á familia e ó PSOE e Somos  de tentar facer política co asunto. Para empezar, di que a el lle consta que a familia xa sabía onte ás 11 da mañá que a octoxenaria estaba ingresada nunha residencia de Vigo.

O rexedor di que a Xunta só traslada ó Concello o número de doentes que van ser trasladados, pero sen especificar nomes.

Porque o alcalde asegura que a familia non se dirixiu ó concello en ningún momento. Críticas que estende a PSOE e Somos Ribadumia, logo de que puxesen en dúbida a xestión municipal deste caso. David Castro lamenta que se tentase facer política deste caso.

O alcalde aproveita para facer un chamamento á tranquilidade ante a evolución da pandemia no municipio. Salienta que máis alá dos 25 casos detectados na residencia, no resto do Concello a día de hoxe unicamente se contabilizan outros 7 positivos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí