Os mariscadores da Pobra volverán ás autorizacións a principios de maio

POBRA> Tralo peche da campaña do libre marisqueo, con resultados peores dos desexados, a confraría da Pobra traballa xa coa vista posta no inicio da actividade nas autorizacións. A próxima semana realizaranse as mostraxes para coñcecer o estado dos bancos co fin de abrir a campaña o día dous de maio. Dende o pósito agardan, alomenos, alcanzar resultados similares ós do pasado ano cando a centralización das vendas en Ribeira axudou a subir algo o prezo. Ademais, teñen grandes expectativas postas nas zonas que están a rexenerar co aporte de áridos, aínda que quizais haxa que agardar á próxima campaña para que ese marisco alcance tamaño comercial.