Emgrobes arranca as xornadas gastronómicas ‘A cociña e o mar’

    fotoxornadascopia.jpg GROVE> Por terceiro ano consecutivo estas xornadas ofrecerán conferencias e táboas redondas en torno ó que foi o gran protagonista deste ano, o mexillón.

    {flowplayer}images/salnes/XornadasGastronomicasEmgrobes.flv{/flowplayer}

    Ó redor das cinco da tarde o director xeral de competitividade e innovación tecnolóxica, Juan Maneiro inaugurou a terceira edición destas xornadas. Estivo acompañado do alcalde do Grove Miguel Ángel Pérez e o presidente de Engrobes, José Besada.

    Esta asociación de empresarios grovenses de bens e servizos é a encargada de poñer en marcha estas xornadas.Combinar tódolos aspectos do mexillón para amosar a mellor imaxe posible deste produto tan representativo das nosas rías.

    Tamén tivo palabras Maneiro para destacar a importancia da Festa do Marisco do Grove, probablemente unha das máis importantes de toda Galicia.

    Despois dos discursos inaugurais levouse a cabo a táboa redonda, a cargo da directora do Intecmar, Covadonga Salgado distintos representantes da Coperativa Amegrove e especialistas en nutrición e turismo.

    Ó rematar tamén se puideron degustar produtos elaborados con mexillón e outros mariscos da ría. Por último o director xeral tamén fixo unha invitación, para que a xente se anime a achegarse ata o Grove nestes días, a Festa do Marisco continuará cos seus actos ata o vindeiro mércores, día 12.

    No marco desta Festa do Marisco, un ano máis, expertos de acuicultura e pesca danse cita hoxe e mañá no Grove no marco do décimo cuarto Foro dos Recursos Mariños e da Acuicultura das Rías Galegas.

    O obxectivo deste evento é revisalos avances logrados e as principais problemáticas que afectan a ambas actividades en Galicia. No acto de inauguración, que se realizou no Hotel Hesperia Illa da Toxa, participaron representantes da Universidade de Santiago, da Xunta, Deputación de Pontevedra e concello do Grove.

    Algunhas das temáticas deste ano son o cultivo do atún vermello, o das sementes de ameixas en tempos difíciles ou as especies que desprazaron ás tradicionais nos cultivos mariños.

    Un total de 23 expositores que participarán a través de cinco mesas de traballo. Mañá pola tarde celebrarase o vixésimo terceiro Ciclo Cultivando o Mar, que se organiza conxuntamente coa Confraría de Pescadores do Grove.

    Redacción Salnés