Os mariscadores de Noia iniciarán o 16 de outubro unha campaña que se prevé curta

NOIA> A campaña marisqueira de Noia arrancará o 16 de outubro. Farao cun cupo reducido ante as malas expectativas que arroxan as mostraxes con apenas marisco de talla comercial. Ante esta situación, a confraría xa está a tramitar axudas para os mariscadores.

Os mariscadores noieses volverán ó traballo o 16 de outubro. Farano por pouco tempo ante a escaseza de ameixa e berberecho de talla comercial.

Os cupos serán reducidos neste arranque con 5 quilos de berberecho e 2 de ameixa para a flote e 3 de berberecho e dous de ameixa para o colectivo de a pé.

A intención da confraría e non estender demasiado a campaña para evitar danar a cría que si está presente e en abundancia na maior parte dos bancos.

A próxima fin de semana, o pósito convocará unha asemblea xeral para informar ós socios do estado das tramitación das axudas coas que os mariscadores pretenden paliar os efectos dunha das peores campañas dos últimos anos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí