As igrexas do Barbanza convértense en obxectivo dos ladróns

BOIRO> Vaga de roubos nas igrexas do Barbanza.  Durante a madrugada deste domingo os ladróns accederon ó interior dos templos parroquias de Bealo e Macenda, en Boiro. No primeiro fixéronse cun botín moi pequeno pero no segundo levaron pezas de gran valor que poderían superar ós cen mil euros.

As igrexas do Barbanza volven estar no punto de mira dos ladróns. Esta fin de semana, os templos das parroquias boirenses de Bealo e Macenda recibiron a visita dos amigos do alleo. No primeiro caso tan só levaron un rosario e unha cadea de ouro pero no segundo subtraeron pezas relixiosas de alto valor histórico.

O párroco de Bealo lamenta os danos materiais que ocasionan posto que para acceder á igrexa retiraron as reixas dunha fiestra arrancando parte da pedra.

Entenden que é un branco fácil para os cacos posto que soen estar afastadas e non hai veciños das inmediacións polo que poden actuar con tranquilidade. Tras presentar a correspondente denuncia na Garda Civil, o párroco agarda que poidan dar cos autores dos feitos para evitar estes sucesos que se repiten xa con demasiada frecuencia.