‘O informe de Competencia non é realista’

    consorcioinforme copia.jpg CAMBADOS> O Consorcio do Comercio critica o documento do Consello Galego de Competencia sobre o decreto que regula as grandes superficies.

    {flowplayer}images/salnes/RESPOSTA_CONSORCIO_CGC.flv{/flowplayer}

    Os comerciantes do Consorcio do Salnés están indignados logo de ler o contido deste informe. Nel cuestiónanse os requisitos marcados pola Xunta para a implantación de grandes superficies en Galicia. Requisitos, que de acordo do explicado polo Consorcio, o Consello Galego da Competencia considera demasiado esixentes. Para os comerciantes, o contido do documento non pode ser máis desafortunado, porque ademais de amosarse partidario claramente da instalación destas macroáreas, incorre en numerosas contradicións.

    Ós empresarios dóenlle estas críticas non só polas consecuencias que a implantación destas superficies poden traer para os seus negocios, senón porque se está cuestionando unha Lei, a de Comercio, que se fixo, din, coa súa colaboración.

    O tema toca a fibra especialmente no Salnés ante a previsible construción en Vilanova dunha destas macroáreas. Un proxecto contra o que veñen loitando desde hai tempo, batalla agora silenciosa, porque aseguran, calan máis do que saben. Ven algunha manobra interesada na saída agora á luz deste informe. E aínda que non o din claramente, apúntase ó concello de Vilanova.

    Redacción Salnés