Céltiga-Arosa, un dos derbis máis atractivos dos últimos anos

SALNÉS> Da xornada na Preferente destaca o derbi do Salvador Otero que enfrontará a Céltiga e Arosa, dous claros aspirantes ó ascenso. Ademais o Ribadumia recibe ó Atios e o Portonovo visita ó Gran Peña.

{flowplayer}images/salnes/preferente_211011.flv{/flowplayer} 

Na Preferente o encontro que centra tódalas miradas é o Céltiga-Arosa. Un dos partidos máis agardados do ano senón o que máis. Os de Manuel Núñez levan unha traxectoria impecable na casa con 12 puntos sumados de 12 posibles, ademais, son o equipo máximo goleador do grupo.

O Arosa é o conxunto coa mellor defensa da liga, acada o mesmo rendemento en casa que coma visitante e ademais chega á cita defendendo liderato. A batalla no medio campo, entre as liñas de creación e destrucción de ambos conxuntos, semella que será a clave. 

Moi pendente do que ocorra na Illa estará un Ribadumia ó que lle interesa un picazo do Arosa para poder auparse por primeira vez ó liderato. De momento os de Pablo Vázquez mantéñense segundos, dando moi boas sensacións e con gañas de recibir a un Atios, que pese a ser séptimo na táboa, baixa moitos enteros cando xoga fóra da casa.

Algo que tamén lle sucede ó Portonovo fóra de Baltar. Os de Luis Casais queren ser coma visitantes o bo equipo que son como locais. Este domingo visitan a un Gran Peña que non comezou ben a liga. A amplitude do campo de Barreiro pode beneficiarlle ós xogadores de calidade cos que conta o cadro portonovés.

Redacción Salnés