Os escolares de Sanxenxo aprenden educación viaria do Poli Paco

     SANXENXO> Os escolares de Sanxenxo aprenden educación viaria estes días cun policía do máis guay:…

    {flowplayer}images/salnes/poli_paco_abrente.flv{/flowplayer}

    … chámase Poli Paco; e vai cole a cole explicando ós cativos as normas básicas para andar pola rúa ou circular en automóbil sen perigo.

    Estes son algúns dos Concellos que lles daba esta mañá ós alumnos do Colexio Abrente de Portonovo. Como ven, o Poli Paco é un monicreque que actúa diante dos escolares para facerlles máis amena a lección. Os cativos prestan máis atención ca nunca ós seus consellos e intres máis tarde recordan case a totalidade das recomendacións que lles deron deste a Policía Local de Sanxenxo, con este teatro de guiñol. Esta idea xurdiu no seo da Policía Local de Sanxenxo para achegar dun xeito máis entretido a información precisa para que os cativos poidan desenvolverse na vía pública en condicións de seguridade. Unha forma orixinal de ensinar ós máis pequenos da casa sen que se aburran.

    O periplo do Poli Paco só ven de comezar co que en vindeiras datas continuará cas súas explicacións polos centros de Sanxenxo; xa que tralo éxito destas primeiras edicións se decidiu ampliar as súas sesións tamén para alumnos de segundo ciclo.

    No eido persoal de Abelardo, o Policía Local que da vida ó Poli Paco cabe salientar que non ten preparación previa algunha para desenvolver estas actuacións. Con todo, o éxito colleitado nas aulas e os bos comentarios que está a recibir no facebook da Policía Local de Sanxenxo anímano a seguir con esta experiencia; que non é máis que seguir divulgando os seus coñecementos sobre seguridade viaria dun xeito máis creativo e atractivo para os rapaces. O certo é que á vista da actuación non se lle pode negar ó mérito.

    Redacción Salnés