NOIA> O Noia Portus Apostoli continúa coa súa xeira de éxitos. Tralo título de liga e o conseguinte ascenso á máxima categoría do fútbol sala a nivel nacional, conseguido hai varias semanas, suma un novo trofeo para as súas vitrinas.
Trátase do título de Campión da Copa Galicia, o primeiro que consegue na súa historia.
Os noieses vencían onte domingo en Marín ó Parrulo de Ferrol. Foi un partido vibrante que chegou á rolda de penaltis, despois do empate a tres tantos no tempo regulamentario.
Un gol de Bruno Gomes facía campión ó Noia, pechando así unha tempada especial e histórica para o conxunto noiés.