Vilagarcía disporá dun novo centro de saúde no terreo do antigo edificio da Comandancia da Mariña

VILAGARCIA> Acordo histórico en Vilagarcía entre o concello e a Xunta para a construcións dun novo centro de saúde. O novo ambulatorio construirase na actual parcela da autoridade portuaria. Terá 5 mil metros cadrados, un 53% máis que o actual centro de San Roque.

Vilagarcía consegue un acordo histórico. Xunta de Galicia, Porto de Vilagarcía e concello acordan a construción do novo centro de saúde na actual parcela na que se atopa o edificio da autoridade portuaria. O goberno local levaba anos loitando por situar nesta localización o novo ambulatorio.

Mediante este acordo, o Concello comprométese a comprarlle o terreo ao Porto de Vilagarcía, encargándose de derrubar o edificio da Autoridade Portuaria e cedéndoo posteriormente á Xunta de Galicia, que se encargará de construír o novo centro de saúde. Un edificio que contará con 5 mil metros cadrados, o que permitirá aumentar o cadro de persoal.

Dende a Xunta sinalan que o acordo é un exemplo de colaboración institucional. O novo centro de saúde será moito máis grande e accesible. Mellorando os servizos médicos da vila.

Ademais deste acordo, Porto de Vilagarcía e Concello asinaron un pacto de cidade. Un conxunto de iniciativas que se desenvolverán na vila entre ambas administracións e que detallarán nas vindeiras datas. A súa vez, a consellería de sanidade tamén se comprometeu a investir un millón de euros para dotar ao Hospital do Salnés dunha nova área de esterilización.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí