O Barbanza sae á rúa por unha sanidade pública de calidade

    concentracionplataformasanidadeoutubro100.jpgRIBEIRA> A plataforma pola Sanidade Pública do Barbanza uniuse ás manifestacións convocadas en toda Galicia cunha concentración en Ribeira.

    {flowplayer}barbanza/concentracionplataformasanidadeoutubro.flv{/flowplayer}

    Aínda que con menos afluencia da que se agardaba, a plataforma en defensa da sanidade pública do Barbanza reuniu a ducias de persoas na praza do concello de Ribeira para denunciar os recortes que están a sufrir os centros públicos. Persoal sanitario, representantes políticos pero tamén cidadáns anónimos quixeron reivindicar coa súa presenza o mantemento da calidade non só no ámbito da saúde senón en tódolos servizos públicos.

    Boa nova

    O acto de protesta serviu tamén para celebrar unha boa nova xa que hai unhas semanas o SERGAS anunciou que asumiría a ampliación da unidade de diálise en lugar de deixar o servizo en mans dunha fundación privada.

    Ademais da incorporación de celadores demandan o mantemento dos Puntos de Atención Continuada na Pobra e Rianxo, así como a dotación dunha ambulancia medicalizada para Porto do Son.

    Redacción Barbanza