![]()
SANXENXO> Os candidatos populares ó Congreso e ó Senado polo Salnés xunto á deputada autonómica Marta Rodríguez, fan balance do goberno socialista.
{flowplayer}images/salnes/BALANCE_PP_GOBERNO_SANXENXO.flv{/flowplayer}
Alardearon de ser o goberno dos dereitos sociais e acabaron converténdose no goberno dos recortes sociais. Este é o balance que fan os populares dos o ito anos de xestión socialista en Madrid. Din que non pretenden facer demagoxia nin leña da árbore caída. Só presentan datos. E os datos, aseguran, amosan un aumento do desemprego, ou o peche de empresas e pequenos negocios a nivel local. Desde o PP pregúntanse onde están as axudas do goberno central para os autónomos. Fan fincapé nas críticas á aplicación da Lei da Dependencia, e acusan ó Executivo de José Luís Rodríguez Zapatero de fachendear da aprobación da norma cando logo incumpre o modelo de financiamento.
O outro foco das críticas son os atrasos en infraestruturas que afectan directamente á poboación pontevedresa e do Salnés. Comezando pola liña de AVE entre Ourense e Vigo e seguindo polo cuarto xulgado de Vilagarcía ou a rexeneración de praias.
Redacción Salnés








