Ribadumia será a sede do Arousa Fútbol 7 2019

RIBADUMIA> Finalmente o Arousa Fútbol xa ten localización para a súa celebración, e non será Vilagarcía, nin Sanxenxo, finalmente Ribadumia asumirá a celebración de este importante evento deportivo. Organización e concello amósanse ilusionados con esta decisión e os últimos recoñecen que seguirán a traballar para que este evento sexa moi positivo para Ribadumia e a comarca.
Finalmente será Ribadumia, e máis concretamente o complexo deportivo de A Senra, onde se disputará a totalidade do torneo de fútbol alevín Arousa Fútbol 7. Unha noticia que dende o concello reciben con positivismo.
Un importante evento deportivo que supón unha nova aposta polo deporte que fan dende o equipo de goberno da vila.
A fase final do torneo disputárase entre o 31 de maio e o 2 de xuño, con un total de 20 equipos. Organización e concello amósanse satisfeitos coa celebración e confirmación de este evento en Ribadumia.
Nos vindeiros meses coñeceremos máis datos sobre o torneo, que nun primeiro momento si parecía claro que non se ía celebrar en Vilagarcía, sede tradicional do mesmo, aínda que o que si parecía e que sería Sanxenxo a localización elixida, nada máis lonxe da realidade, xa que despois da boa sintonía tralo torneo de Nadal, Ribadumia convertese na nova sede de este torneo do que saíron importantes figuras do fútbol a nivel internacional.