Galicia supera en outubro os 242.000 parados

    paro100.jpgSALNÉS> 242.142. Este é o número de parados que hai en Galicia rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego ó remate do mes de outubro.

    {flowplayer}images/salnes/datos_paro_outubro_2011.flv{/flowplayer}

    SALNÉS> 242.142. Este é o número de parados que hai en Galicia rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego ó remate do mes de outubro.

    Son máis de nove mil que no mes anterior, segundo os datos publicados polo Ministerio de Traballo. O sector servizos foi o que rexistrou un maior número de novos parados, pasando xa dos 132.000 en Galicia.

    A situación tamén é crítica na construcción, onde en outubro perderon o seu traballo máis de 1.700 persoas, ata sumar 39.496 anotadas nas listas do paro.

    Por provincias, o maior número de desempregados corresponde a Pontevedra, cun total 97.050, seguida de A Coruña con 95.471. Este mes de outubro marcou un novo récord de parados en España, ó superarse os 4 millóns 360 mil.

    Redacción Salnés