Os catro equipos do Salnés aspiran ó liderato esta xornada

SALNÉS> Vendo o igualado que está o Grupo Sur, será interesante saber que equipo se aúpa esta semana ó liderato. Ata seis equipos optan ó primeiro posto da táboa, entre eles os catro conxuntos do Salnés. O único que xogará na casa esta xornada será o Ribadumia que recibe na Senra ó Mondariz.

{flowplayer}images/salnes/preferente_041111.flv{/flowplayer} 

Céltiga, Ribadumia, Arosa e Portonovo. Por esta orde, e con permiso do Choco que é líder, os equipos do Salnés dominan a Preferente Sur este ano. Todos metidos nun punto e sabedores de que a regularidade ó longo do campionato daralles a diferencia sobre o resto. Isto é o que opinan canda menos dende a Lomba.

O Arosa, que podería perder nos vindeiros días a Alex Mañas se é que se confirma á súa marcha á liga vietnamita, visita esta semana San Rosendo. O Celanova, despois de recuperarse do seu mal inicio, acadou tan só un punto dos últimos seis, igual que os vilagarciáns.

O Ribadumia pola súa parte ven de sumar dous empates seguidos e agora atópase no camiño cun Mondariz en plena xeira de victorias. Pasa por ser un dos melllores equipos do momento logo de gañar os últimos catro partidos seguidos. Partido complicado o que se presenta para os de Pablo Vázquez.

Nunha liña semellante de victorias, con tres seguidas e lanzado cara a cabeza, aparece o Portonovo, quinto na táboa, que visita ó Alerta Travesas, sen dúbida un dos equipos máis irregulares do campionato.

Ademais, o Céltiga quere esquencerse canto antes da súa dolorosa derrota no último minuto en Barbadás e traerse os tres puntos do Condomínguez. O Nigrán non é nin moito menos o equipo forte do ano pasado, é penúltimo na táboa. Sen embargo os da Illa non queren confiarse sabedores de que o Arosa o fixo no mesmo escenario e acabou perdendo.

Redacción Salnés