Pontevedra a revisión para o Campionato do Mundo Junior de Balonmán

Pontevedra> Pontevedra recibiu na pasada tarde a visita da delegación da Federación Internacional de Balonmán, o obxectivo coñecer de primeira man as instalacións da Boa Vila para a celebración do Campionato do Mundo Junior de Balonmán 2019. Unha cita na que participarán 24 equipos de todo o mundo e que terá como sedes principais Pontevedra e Vigo.

Do 23 de xullo ao 4 de agosto do 2019 Pontevedra acollerá unha das citas máis agardadas do calendario deportivo, o Campionato do Mundo Junior de Balonmán. Un evento que terá como sedes principais Vigo e Pontevedra. Para a celebración do mesmo e confirmación por parte do Comité Internacional na pasada tarde a Boa Vila recibiu unha delegación da Federación Internacional para coñecer de primeira man as instalacións.

Nesta xornada a delegación internacional está coñecendo as instalacións da cidade olívica, o presidente da Federación Española de Balonmán deixou patente que eles apostan por estas dúas sedes para a celebración deste evento.

Segundo anunciaron esta semana a Federación internacional pode tardar un mes en confirmar as sedes, unha vez chegue esa confirmación xa decidirán como se distribúen as fases entre Vigo e Pontevedra. Haberá dous grupos en cada unha das cidades da provincia. Será este un evento que contará coa presenza de 24 equipos de todo o mundo.