Seis detidos por presunto secuestro e estafa saen en liberdade

    secuestrodetencion.jpg VILAGARCÍA> O acusado de estafa é o presunto secuestrado. Os outros cinco detidos alegan que lles timou cinco mil euros.

    A investigación iniciouse o pasado domingo a raíz dunha denuncia presentada na comisaría da Policía Nacional de Xirivella, en Valencia. Un irmán dun dos detidos acudía ó cuartel para informar da súa desaparición e de que recibira unha chamada na que lle dicían que o mozo, de 33 anos e natural de Camerún, fora secuestrado, e que para liberalo tiñan que pagarlle cinco mil euros. Nesa chamado indicaron que o home estaba retido nun piso en Vilagarcía, polo que trasladaron o caso ós axentes da capital arousá.

    Tras practicar as primeiras indagacións, o mesmo día no que se presentou a denuncia deron co presunto secuestrado, quen declarou que fora retido por catro homes de entre 22 e 31 anos, dous da República Dominicana, un venezolano e outro de Brasil, e unha muller de 42 anos orixinaria de Vilagarcía. Localizado o inmoble nunha céntrica rúa de Vilagarcía, os axentes detiveron a estas cinco persoas por un presunto delito de detención ilegal. Estas aseguraron ós axentes que retiveran ó mozo de Camerún porque lles timara cinco mil euros polo procedemento dos ‘Billetes Tintados’, polo que a Policía procedeu tamén ó arresto do camerunés por acusado de suposta estafa. Ademais, comprobouse que se atopaba en España en situación irregular, ó igual que outros dous detidos, polo que se procedeu á apertura dos expedientes de expulsión conforme á Lei de Estranxería.

    Tódolos implicados no caso foron postos a disposición do Xulgado de Instrución número un de Vilagarcía. Tras prestar declaración saíron en liberdade.

    Redacción Salnés