Caldas, unha das vilas máis afectadas polo traslado da ambulancia medicalizada a Sanxenxo, di o BNG

CALDAS> Continúa a recollida de sinaturas do BNG para que Sanidade non leve este verán para Sanxenxo a ambulancia medicalizada do Hospital do Salnés. Os nacionalistas, xunto con persoal de emerxencias, estiveron hoxe buscando apoios en Caldas. Advirten que a vila e a súa contorna veríanse gravemente afectadas por esa medida, que quedaría desprotexida, din, para atender situacións nas que o tempo sexa vital. Defenden que Sanxenxo e o Grove conten con outra unidade medicalizada, sen que o resto de municipios vexan empeorado o servizo.

O BNG, xunto con persoal sanitario, continúa coa súa campaña para evitar que como todos os veráns a ambulancia medicalizada do Hospital do Salnés vaia para Sanxenxo. Reclaman unha propia para ese municipio e O Grove. Hoxe os nacionalistas levaron esta reivindicación a Caldas. A vila e a súa contorna veríanse moi prexudicadas.

O persoal de emerxencias reivindica unha segunda unidade medicalizada para Sanxenxo e explica que manter outra no hospital pode ser clave para salvar vidas. Poñen como exemplo un caso que ocorreu hoxe a primeira hora.

Dende o BNG salientan a boa acollida que está a ter esta campaña de recollida de sinaturas, que están a desenvolver por toda a contorna.

Logo de procurar apoios este luns en Caldas, este martes volverán a Vilagarcía, para recoller sinaturas na praza de abastos.