Ampla oferta de cursos de informática en Ribeira para nenos de 8 a 15 anos

RIBEIRA> Este mércores, día 15, abre o prazo para inscribirse nos cursos de verán que organiza o concello de Ribeira na aula CEMIT. Están dirixidos a nenos de entre 8 e 15 anos

Desenvolveranse dous cursos por mes. En xullo, os nenso de 8 a 12 anos podrán participar no curso de mecanogrfía menttres que para os maiores, de ata 15, ofértase un cuso de iniciación á programación. Em agosto, os máis pequenos poderán adquirir coñecementos en informática básica mentres que os maiores aprenderán deseño grafico con canva.

Ademais destes cursos que se desenvolverán os luns, mércores e venres en horario de mañá na aula cemit, ofertaranse actividades de informática nas parroquias de Aguiño e Olveira.

Habilitaranse 15 prazas por curso. A inscrición é gratuíta e poderá realizarse a partir de maá tanto na aula CEMIT de Ribeira como a través da web cemit.xunta.gal

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí