Eferro deseña o novo agasallo institucional do concello de Boiro

BOIRO> O concello de Boiro dispón de nova imaxe para os seus agasallos institucionais. Trátase do zoco Mexillón, deseñado pola artesá Elena Ferro coa colaboración da Fundación Artesanía de Galicia.

Un chaveiro de coiro en laranxa e madeira negro reproducindo as cores do mexillón, presentado nunha lata de conservas.

Este será o novo agasallo institucional que entregará o concello de Boiro ós seus visitantes ilustres pero tamén está á venda na web de Eferro.

O concello buscaba, a través desta imaxe, representar algúns dos elementos máis distintivos da vila como son o mexillón e a conserva.

Inserto Carlos

Esta colaboración entre o concello de Boiro e Eferro conta co apoio da Fundación Pública Artesanía de Galicia. A súa xerente, Elena Fabeiro, destacou a importancia de abrir camiño no campo dos agasallos institucionais elaborados de xeito artesanal.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí