VILAGARCÍA> O misterio sobre a orixe de Cristovo Colón podería resolverse na igrexa de Vilaxoán. Esta mañá comezaron os traballos para a extracción de material xenético da tumba de Xoán Mariño de Soutomaior. Preténdese demostra-la teoría de que un curmán seu era parente de Colón, no caso de que este e Pedro Madruga fosen na realidade a mesma persoa. Os restos que se saquen de Vilaxoán serán analizados en Granada.
A misión non é doada pero poderá supoñer un antes e un despois no estudo da figura de Cristovo Colón. Unha investigación que ten como epicentro esta igrexa de Sobrán e, en concreto, esta tumba. Pertence a Xoán Mariño de Soutomaior. De aquí vaise extraer material xenético para determinar se hai algún parentesco co descubridor de América.
O estudo baséase na teoría de que un curmán de Xoán Mariño de Soutomaior era parente de Colón, no caso de que este e Pedro Madruga fosen na realidade a mesma persoa.
Os traballos para a apertura do sarcófago comezaban esta mañá. O que aquí se poia atopar e o seu estado de conservación é aínda un misterio.
Para esa apertura nesta igrexa vaise instalar unha estrutura con poleas, a través da que se elevará a tapa da tumba. Un traballo milimétrico que, ante todo, busca deixar intacto o patrimonio.^Aínda que si se contempla unha mínima alteración.
Ao tempo que se traballa aquí en Sobrán, estanse levando a cabo uns traballos semellantes no cemiterio de Poio.
Aquí en Vilaxoán, unha vez rematados os traballos preliminares, a apertura da tumba terá lugar a mediados da semana que vén.