SANXENXO> O alcalde de Sanxenxo pide a dimisión da ministra de traballo por contemplar a posibilidade de que os negocios hoteleiros e hostaleiros non poidan abrir ata o nadal. Telmo Martín considera que esas declaracións son unha falta de respecto a todas as familias que viven do sector na vila. O popular confía en que con medidas de prevención, os negocios poidan volve a abrir no verán.
A pasada fin de semana, o goberno de España ampliaba dous semana máis o estado de alarma. Por elo, os ministros gardan precaución á hora de falar da volta á normalidade. Sen embargo, o pasado sábado a ministra de Traballo, Yolanda Díaz, contemplou a posibilidade de non abrir o sector hostaleiro e hoteleiro ata o nadal. Unhas declaracións que non sentaron nada ben no concello de Sanxenxo.
Telmo Martín asegura que o sector é consciente das medidas que ten que tomar para garantir a seguridade dos clientes. O alcalde considera que todas as administracións teñen que traballar para buscar a maneira de que os negocios poidan abrir as súas portas.
As declaracións de Yolanda Díaz tamén foron criticadas polo presidente do Cluster Galego de Turismo. Cesáreo Pardal as cualificou de falta de respecto ás 120 mil familias que viven do turismo na nosa comunidade. Dende o cluster piden responsabilidade e mensaxes claros ao goberno. O alcalde de Sanxenxo considera que esa posibilidade suporía o final para moitos negocios, por iso pide a dimisión da ministra de traballo.
O alcalde de Sanxenxo mantén a esperanza e agarda que haxa posibilidades de que o sector hostaleiro non perda a tempada de verán.