A oposición imponlle á alcaldesa de Cambados un soldo de 40.000 euros ao ano

CAMBADOS> A oposición de Camabados acabou impoñendo un salario de 40.000 euros á alcaldesa da vila. PP, BNG e Pode votaron a favor desta medida, á que se opuxeron tanto Somos como o propio PSOE. Para a rexedora, é unha inxusta e que, aínda por riba, non lle permite garanti-la gobernabilidade do Concello.

Foi a oposición a que decidiu que finalmente a alcaldesa de Cambados cobre un soldo. O goberno local teimou ata última hora enl que o salario da rexedora e de varios dos seus concelleiros saísen adiante de xeito conxunto. Foi o PP o que presentou unha emenda, separando o soldo de Fátima Abal.

A emenda presentada polo PP contou co respaldo do BNG e de Cambados Pode. Fátima Abal cobrará 40.000 euros ó ano, mentres que os seus concelleiros seguirán sen percibir un salario.  Os propios socialistas e os seus socios de Somos Cambados, votaron en contra.

O goberno local critica o que consideran un pinza entre PP e BNG para obstaculiza-la acción de goberno. Con todo, reiteran o seu ofrecemento ó Bloque para que se una ó executivo. Insisten en que as competencias que tiña no cuadripartito o BNG seguen estando en mans da alcaldía e que aínda hai libre unha vacante na Xunta de Goberno, agardando por Víctor Caamaño.