Principio de acordo para a adquisión dos terreos para amplialo Hospital

    duran_hospitalcopy.jpgSALNÉS> Esta mañá o anunciou o Presidente da Mancomunidade. Dita acordo materializouse nunha oferta presentada polos propietarios da parcela.

    {flowplayer}images/salnes/HOSPITAL_SALNES_251111.flv{/flowplayer}

    Onte mesmo o Presidente da Mancomunidade do Salnés, Gonzalo Durán, chegou a un principio de acordo para a adquisición dos terreos para a ampliación do Hospital do Salnés. Así o anunciou esta mañá o dirixente comarcal. Se finalmente se fai efectiva a compra, que terá que ser unha decisión conxunta dos concellos, a parcela podería estar dispoñible a comezos de 2012.

    A ampliación do Hospital do Salnés está máis preto de ser unha realidade. Onte mesmo o Presidente da Mancomunidade do Salnés chegaba a ese primeiro acordo. Este materializouse nunha oferta presentada polos propietarios da parcela de algo máis de dous mil cincocentos metros cadrados. Gonzalo Durán non quixo desvelalo importe pero adiantou que non dista moito da valoración feita polo concello de Vilanova.

    Para comunicarllo ós alcalde da comarca, dixo, levará a oferta á comisión executiva da Mancomunidade. Pero serán só os municipios de Vilagarcía, Vilanova, Cambados, A Illa, Ribadumia e Catoira os que asumirán o gasto xa que son os teñen asistencia no Hospital.

    En canto ó financiamento, Durán informou que desde a Deputación de Pontevedra lle ofreceron financiala compra sen ningún tipo de interese.

    Por último, Durán apuntou que, se finalmente se fai efectiva a compra, agardan que a Consellería inicie as obras no 2012. Mentres tanto, destacou que seguen negociando para adquirilos terreos para a construción do párking.

    Redacción Salnés