Punto Vilanova posiciónase a favor do centro comercial de Deiro

    puntovilanova3 copia.jpgVILANOVA> A decisión, valorada na asemblea de socios, impediralles ingresar no Consorcio do Comecio do Salnés.

    {flowplayer}images/salnes/RESPOSTA_PUNTO_VILANOVA.flv{/flowplayer}

    A asociación de comerciantes e autónomos Punto Vilanova manifestouse hoxe a favor do centro comercial de San Miguel de Deiro e, polo tanto, dáse por excluída do Consorcio de Comercio do Salnés. O colectivo vilanovés solicitara a entrada nesta entidade, pero puxéronlles como condición que se manifestara publicamente en contra das grandes áreas comerciais. 

    O presidente de Punto Vilanova, Juan Carlos Vinayo, considera abusiva a condición que lles pon o Consorcio, e logo de consultalo cos seus 43 asociados nunha asemblea o pasado venres, esta é a resposta que lle dan. Ademais, mañá haberá Mesa Provincial do Comercio e este colectivo pedirá amparo da dirección xeral de Comercio.

    A Juan Carlos Viñayo parécelle mal que o Consorcio deixe fóra ás asociacións de Vilanova, polo que considera que este colectivo agora só representa a unha parte do Salnés.

    Redacción Salnés