![]()
CAMBADOS> Preto de 60 restauradores de dentro e fóra de España acudiron hoxe a unha xornada promocional da centola galega: desde a súa extracción…
{flowplayer}images/salnes/restauradores_exaltacion_centola.flv{/flowplayer}
… ata a súa preparación, pasando pola súa venda en lonxa. A rula de Cambados foi a escollida para que estes profesionais propietarios dos máis reputados restaurantes acudiran a completar o proceso de captura e venda deste crustáceo. Esta actividade enmárcase dentro do programa A centola galega nas mellores cociñas, desenvolvida pola Consellería do Mar para promover esta especie e as súas posibilidades culinarias.
Na súa incursión mariñeira a bordo dun catamarán, os prestixiosos cociñeiros coñeceron sobre o terreo as dificultades que pasan os nosos mariñeiros para facerse con este manxar. Logo na lonxa, complementaron os seus coñecementos para saber distinguir o producto galego do foráneo e o estado óptimo de cada marisco. Unha vez coñecido todo o proceso a estes profesionais parecíalle que o prezo que se paga pola centola é moi pouco para o traballo que dá e a calidade que aporta ós pratos. Visto todo isto, a experiencia para eles non puido ser máis gratificante.
Os mariñeiros dan por boa esta iniciativa ou calquera outra que axude a dar aínda máis prestixio ós productos galegos. Aínda que no tocante á centola apuntan que do que hai que falar tamén é da cantidade de producto que capturan. Moitos opinan que o de abrir a veda da centola en verán foi un erro porque agora hai bastante menos producto no mar; aínda que os prezos están a ser os axeitados para esta época do ano. A vindeira semana haberá precisamente unha reunión entre o sector e o Director Xeral de Recursos Mariños do ente autonómico no que se falará do resultado da campaña deste ano.
Redacción Salnés









