CCOO esixe información sobre o traspaso da Deputación á Xunta de seis equipamentos

PONTEVEDRA>  A Deputación de Pontevedra quere traspasar á Xunta de Galicia seis equipamentos, entre eles a cidade infantil Príncipe Felipe e o Museo de Pontevedra. O sindicato de Comisións Obreiras manifestou esta mañá o seu desacordo e a súa preocupación ante esta negociación e pediu información ao goberno provincial sobre este asunto.

Comisións Obreiras non está de acordo co traspaso da Deputación de Pontevedra á Xunta de Galicia de seis centros cunha dotación de 10 millóns de euros. O secretario comarcal manifestou esta mañá o seu rexeitamento ante esta transferencia e pediu á institución provincial máis rigor no seu traballo.

O sindicato asegura que o goberno provincial está xogando cos traballadores e esixe á presidenta da Deputación que convoque unha mesa de negociación onde dean información sobre este asunto aos representantes do persoal.

José Ramón Piñeiro cree que nin a Deputación de Pontevedra nin a Xunta de Galicia teñen un interese real neste traspaso, e que, simplemente están intentando tapar outros problemas.

Comisións Obreiras solicita as dúas administracións poder participar na mesa de negociación das transferencias destes centros para garantir que se respecten os dereitos de todos os traballadores.