O BNG presenta diversas emendas ós orzamentos do Estado centradas nas comarcas de Muros-Noia

NOIA> O BNG, a través do seu deputado Néstor Rego, presentará un total de catro emendas referidas ás comarcas de Muros e Noia nos orzamentos xerais do Estado para o vindeiro ano 2022, cuxa aprobación se está a debater estes días no Congreso.

As propostas suman no seu total máis de dous millóns e medio de euros. Unha delas, se cadra a máis importante, garda relación unha vez máis coa necesidade de acometer a tan ansiada rexeneración da Ría.

Outra das súas proposta céntrase tamén na recuperación ambiental, neste caso na zona húmida de San Lázaro, ou á compra dunha volteadora para a planta de compostaxe de Lousame.

A outra das emendas presentadas polo BNG iría destinada á creación dun museo das laudas gremiais de Santa María A Antiga.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí