Os socios de Zona Aberta gozarán de vantaxes na súa saúde dental grazas a un convenio con Vitaldent

VILAGARCÍA> Convenio entre Zona Aberta de Vilagarcía e Vitaldent. A través deste acordo os asociados ao colectivo de comerciantes e hostaleiros da cidade terán vantaxes á hora de coidar a súa saúde dental. A clínica ademais súmase á entidade como novo socio.

Acordo entre Zona Aberta de Vilagarcía e Vitaldent. Ambas partes asinaron este mércores un convenio que se traduce en vantaxes para o coidado da súade dental para os asociados ao colectivo de comerciantes e hostaleiros.

Vitaldent ademais incorpórase a Zona Aberta como novo socio.

De cara ao futuro, avanzan que colabarán en campañas a prol da saúde dental. Teñen a vista posta xa no inicio do curso escolar, para facela coincidir coa volta ao cole.